A Deputación aposta polo comercio xusto e o consumo sustentable

PONTEVEDRA> O Pazo Provincial acolleu esta mañá unha das actividades organizadas pola Deputación de Pontevedra enmarcadas dentro da Semana Mundial Polo Clima. Unha acción centrada no consumo sustentable, no comercio xusto e na importancia de coidar o noso planeta.

“Resolver no século XXI os erros do século XX”. Ese é un dos motivos polos que naceu esta iniciativa. Unha acción da Deputación de Pontevedra centrada no consumo sustentable e no comercio xusto e na que se puxeron hoxe á venda produtos respectuosos tanto co Medio Ambiente como coas persoas.

Estes postos de venda e de degustación estaban enmarcado dentro da Semana Mundial de Acción Polo Clima. Unha semana na que a Deputación de Pontevedra organizou diferentes actividades co obxectivo de reeducar á sociedade, intentar implicar a todas as administracións e conseguir construír así un mundo diferente entre todos.

A presidenta da Deputación non quixo pasar por alto a gran implicación das mozas e mozos pontevedreses nesta Semana Mundial de Acción Polo Clima. A axenda da institución provincial neste eido continuará mañá coa instalación, na Avenida de Montero Ríos, de stands informativos sobre a campaña de Experiencias Sostibles.  O lema desta actividade será “Quilómetro Cero”.