Solidariedade Internacional e Fundación Emaús, colectivos que fomentan outros modelos de consumo

PONTEVEDRA> Esta actividade, levada a cabo no Pazo Provincial, non houbera sido posible sen a implicación de dúas organizacións. Solidariedade Internacional e a Fundación Emaús. Dous colectivos que traballan para cambiar o sistema actual e para concienciar a cidadanía da importancia de coidar o medio ambiente.

Solidariedade Internacional e Fundación Emaús. Quédense cos seus nomes porque estes dous colectivos levan anos traballando para construír un mundo mellor. Un mundo no que no centro estean ás persoas e o medio ambiente.

O comercio xusto. Un comercio no que se venden produtos que consumimos diariamente, como o azucre de caña, o café ou o cacao pero que proveñen de producións sostibles non só co medio ambiente senón tamén coas persoas.

Entre as propostas da Fundación Social Emaús está a marca “Sen desperdicio”. Un proxecto que recupera lonas e materiais de orixe publicitario cos que se poden chegar a facer bolsos, carteiras ou babeiros. Produtos reutilizados, de segunda man e accesibles a todo o mundo.

Outros modelos de consumo cos cales se pretende concienciar a toda a cidadanía da importancia de traballar dende o local pero sen esquecer o global.

Solidariedade Internacional e Fundación Emaús. Dous proxectos que demostran que son posibles outros modelos de consumo que axuden a cambiar o sistema actual e que teñan un forte compromiso social e medio ambiental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí