Nova responsable local no BNG da Pobra

POBRA> O BNG da Pobra presentaba hai uns días o seu novo Consello Local que estará presidido por Laura Novelle. Na dirección do partido a nivel local estará acompañada por Severino Romero, que actuará coma viceresponsable

O BNG da Pobra presentou en rolda de prensa os novos cargos do partido a nivel local. Laura Novelle será a nova responsable local. Nada no Carballiño,pero vinculada á Pobra dende hai anos, agradeceu a confianza na súa elección. Di que encara esta nova responsabilidade con ilusión e moita enerxía positiva.

Novelle estará acompañada na dirección por un histórico da formación  a nivel local como e Severino Romero, elixido coma viceresponsable.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí