A Mostra de Curtas de Noia terá este ano un carácter máis internacional

NOIA> Noia acollerá do 31 deste mes de outubro ó 9 de novembro a vixésima edición do Festival de Curtas Vila de Noia. A cita presentada esta mañá, contará, como veu acontecendo nos últimos anos, coa presenza de destacados actores e directores do mundo do cinema.

O xoves 31 de outubro botará a andar a vixésima edición da Mostra de Curtas Vila de Noia. Unha cita especial que tratará de seguir a estela destes últimos anos, dándolle á mostra un carácter máis internacional. Proba diso é que este ano presentáronse un total de 1.200 traballos a concurso, chegados dende diferentes países de todo o mundo.

Durante os dez días nos que se prolongará a Mostra serán moitos os rostros coñecidos que pasarán pola alfombra vermella do Teatro Coliseo Noela.

Unha das principais novidades este ano será a participación dos promotores de Mundos Digitales, un festival internacional de animación que se celebra na Coruña.

O festival volverá a contar tamén coa sección OlloActivo, na que se presentarán os traballos realizados nos talleres audiovisuais organizados dende o Concello e nos que viñeron participando os mozos da vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí