PONTEVEDRA> Avanzan as obras de reforma da rúa San Martiño, en pleno corazón da Zona Vella de Pontevedra. A actuación terá que estar rematada antes de finais de ano, e supón unha renovación do pavimento e dos servizos.
Antes de finais deste ano, a rúa San Martiño locerá un novo aspecto. A súa reforma avanza a bo ritmo, mudando tanto o pavimento como os servizos e a iluminación.
A actuación tamén afecta ao segundo treito da rúa Eirado de Alvar Páez, e faise con cargo aos fondos da área de rehabilitación integral do centro histórico.
Segundo o concelleiro, trátase dun paso máis na aposta do concello de Pontevedra por recuperar a zona monumental da cidade.









