Os campos de Valiño e Vista Alegre xa contan con desfibriladores

BOIRO> Estes dous dispositivos únense ós xa existentes no campo de fútbol de Barraña.

O executivo boirense vén de instalar desfibriladores semiautomáticos nos campos de fútbol de Valiño e Vista Alegre. Súmanse ós xa existentes no de Barraña e ós da Policía Local e Protección Civil que xa contaban con eles. A decisión de instalalos nestas dúas instalacións deportivas débese fundamentalente a que se trata de dous espazos que concentran maior afluencia de persoas.

O executivo dá resposta así a unha importante demanda, tanto dos clubs deportivos que usan as instalacións, como tamén dos grupos políticos, que dende hai tempo viñan demandando a súa compra como é o caso de Iniciativa Cidadá.

Os desfibriladores son semiautomáticos, polo que so funcionan si se detecta parada cardiorrespiratoria e eles mesmos van indicando os pasos que hai que seguir.

A intención do Concello pasa por ir formando ó resto do persoal municipal, e xa de cara ó ano que vén, poder incorporar novos aparellos para outras instalacións municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí