A Subdelegación pon en marcha o concurso de relatos e debuxos contra a violencia de xénero

PONTEVEDRA> A subdelegada do Goberno informou destes datos no acto de presentación da terceira edición do concurso de relatos e debuxos contra a violencia de xénero. Un galardón dirixido aos escolares da provincia e enmarcado no Día Internacional Contra a Violencia. Este ano presentáronse en total 327 traballados dos máis de 200 escolares convidados.

A Subdelegación do Goberno presentou esta mañá a terceira edición do concurso de relato curto e debuxo contra a violencia de xénero. Unha iniciativa dirixida aos escolares da provincia e na que este ano participaron 222 centros de ensino.

Este concurso establece dúas categorías distintas. Por unha banda, os escolares de Formación Profesional, básica e ciclo medio e o alumnado da ESO. Por outra, os alumnos de FP superior e de Bacharelato. En total, este ano presentáronse 327 traballos. O xurado deberá agora elixir 3 gañadores de debuxo e outros 3 de relato curto en cada unha das categorías.

Os premios deste concurso entregaranse o vindeiro 21 de novembro nunha gala que se levará a cabo na sede Afundación de Pontevedra.