Preocupación en Pontevedra tras as declaracións do presidente de Ence

PONTEVEDRA> A Asociación Pola Defensa da Ría pide o peche cautelar de Ence. Faino tras a polémica xurdida por un vídeo do presidente da pasteira. Nel, Ignacio de Colmenares alertaba da posibilidade dun susto maiúsculo ambiental na fábrica de Lourizán. Unhas declaracións que espertaron o malestar da APDR, así como do Concello de Pontevedra.

O presidente de Ence, Ignacio de Colmenares, alertou a pasada semana da posibilidade de ter un “susto maiúsculo ambiental” na pasteira. Unhas declaracións realizadas nunha reunión cos traballadores da fábrica que espertaron o malestar e a preocupación en Pontevedra. Por unha banda, a Asociación Pola Defensa da Ría esixe o seu peche cautelar e considera que a Fiscalía debe actuar de oficio.

Mesma opinión no Concello de Pontevedra. Anabel Gulías anunciou que o goberno local enviará un requirimento á empresa para que aclare as declaracións do presidente e instará á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Transición Ecolóxica para que actúe de oficio contra Ence.

A voceira do goberno local pediulle tamén aos responsables da empresa que deixen de xogar, de amedrentar e de coaccionar.

O voceiro do PP en Pontevedra tamén se manifestou a este respecto. Rafa Domínguez mostrou hoxe unha “dobre preocupación”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí