A Asociación de Mulleres Rurais de Cornazo celebra 25 anos de loita polos intereses das mulleres

VILAGARCIA> Se hoxe en día hai un problema co machismo imaxínense hai 25. A Asociación de Mulleres Rurais os Borrizos en Vilagarcía celebran o cuarto de século loitando pola muller rural en Cornazo. Un aniversario que celebrarán cunha exposición e unha cea de confraternidade.

Hai case 30 anos a chegada de Mari Carmen Somozas a Cornazo revolucionou esta parroquia de Vilagarcía. A súa iniciativa levou as veciñas do pobo a reunirse para realizar diferentes actividades para entreterse e aprender. Deste xeito se creou a Asociación de Mulleres Rurais Os Borrizos de Cornazo. Unha agrupación de mulleres pioneira na contorna e que este mes cumpre 25 anos. Un cuarto de século de moito aprendizaxe pero tamén dunha loita continua polos intereses das mulleres rurais.

Son moitas as actividades e cursos que a asociación levou a cabo en todo este tempo. Agora celebran o seu 25 aniversario cunha exposición e unha cena de confraternidade.

A exposición estará dispoñible ata o venres 22 de 5 a 8 da tarde. Para a cea, a asociación poñerá un bus dende a casa cultura que sairá as 2 da tarde. As 130 socias aseguran que seguirán loitando polas mulleres do pobo.

As ideas novas son o que máis desexan agora mesmo as mulleres rurais. Para elo teñen dispoñible unha caixa de suxestións, desexosas de embarcarse en novos retos e loitas que sigan empoderando ás mulleres rurais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí