Pontevedra> Dende Marea criticaron duramente o proxecto da A-57 que a escondidas están levando a cabo dende a Xunta de Galicia. Dende este partido, dixeron esta mañá, que o primeiro tramo deste proxecto xa está licitado, sería o que pasa pola Fracha, e que agora o fin da Xunta e crear unha autovía en paralelo coa AP-9 que comunique Pontevedra con A Coruña. Marea cree que a mellor solución sería o rescate da actual autoestrada. De vergoña, así consideran dende Marea o proxecto que as agochadas están levando a cabo dende a Xunta de Galicia co fin de construír unha autovía, en paralelo a actual AP-9 que conecte Pontevedra con A Coruña. O líder de Marea dixo esta mañá que non entende cal é o obxectivo desta iniciativa que sumaría un montante de 1000 millóns de euros en inversión para unha infraestrutura que xa existe. Dende en Marea instaron a Xunta de Galicia a que se posicine sobre este proxecto e para que diga a verdade, e tamén para que se inste ao estado a trasladar canto antes as competencias da AP-9. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/09/villares_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/09/villares.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA