‘Con A de Astronomía’ chega ao Pazo Provincial

PONTEVEDRA> “Con A de Astrónomas” é a nova exposición que ocupa o hall do Pazo Provincial. A mostra está composta de varios paneis que recollen a evolución da astronomía e a importancia das mulleres no seu desenvolvemento. No marco da inauguración celebrouse ademáis unha conferencia a cargo da comisaria da exposición, á que asistiron preto de 160 rapaces de institutos pontevedreses. Reflectir o papel da muller na evolución da astronomía e reclamar o seu peso, é o obxectivo da mostra “Con A de Astrónomas”. A exposición fai unha escolma de traballos de profesionais, dende Aglaonike ou Caroline Herschel ata as mulleres que actualmente se dedican a este eido. A inauguración da mostra estivo precedida dunha conferencia da súa comisaria, Josefina Ling. A experta explicou a realidade que se recolle na exposición a preto de 160 rapaces dos institutos A Xunqueira II e Luís Seoane. A escolma que se pode visitar no Pazo Provincial correspóndese coa mostra “Con A de Astrónomas” que acolle a Casa das Aretes de Vigo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/27/ptac_expo_carmela_silva_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/27/ptac_expo_carmela_silva.mp4{/flowplayer}