RIANXO> Un ano máis o concello de Rianxo está a facer da vila un lugar máis belo. Organizado pola Asociación Ondiñas Mainas, o executivo acolle por segundo ano o proxecto de intervención artística ‘Viladomar: Máis ala do Muros’.
Cinco serán as intervencións cas que o proxecto ‘Viladomar: Máis alá dos muros’ encherá de arte o vila de Rianxo. Organizado pola Asociación Ondiñas Mainas, esta iniciativa pretende embelecer espazos públicos que están degradados.
Inspirados nos contos e lendas dos veciños rianxeiros, os artistas Estola na Cachola, Batalla, Doa, Mutante Creativo e Nana, plasmarán a súa obra nas paredes e muros do municipio.
Os traballos comezaron hoxe e estenderanse ata o próximo 13 de setembro, en véspera ás Festas da Guadalupe.
Rianxo será durante oito días un gran taller de arte ó aire libre, para que os veciños e turistas poidan gozar do traballo dos artistas.