A Federación Galega de Fútbol celebra os seu 110 aniversario

GALICIA> A Federación Galega de Fúltbol celebrou unha asemblea extraordinaria para conmemorar o seu 110 aniversario. Na xunta repasouse a labor da actual directiva presidida por Rafael Louzán. Na celebración estivo presente o presidente da Federación Española de Fútbol, Luís Rubiales.

No ano 2014 era elixido presidente da Federación galega de Fútbol Rafael Louzán. 5 anos despois a entidade que preside cumpre 110 anos. Para celebralo a federación organizou unha asemblea extraordinaria á que asistiu o presidente da Fedreación Española e na que se repasou a labor da actual directiva. O primeiro dos puntos tratou sobre a decisión da actual directiva de crear sete sedes en lugar dunha grande na Coruña, como tiña previsto a anterior dirección. Decisión que aumentou o patrimonio do organismo.

Continuando coa economía destacouse o incremento nos orzamentos de 2 millóns e medio de euros.

No aspecto deportivo, o equipo de Louzán aumento as licenzas ata as 97 mil.

O aumento de licenzas ven dado pola inclusión do fútbol sala e potenciación do fútbol feminino. Nesta última categoría as inscricións pasaron 2400 a máis de 6 mil. Todos estes datos sinalan o gran crecemento da Federación Galega nestes últimos anos. Feito que resaltou o presidente da Federación Española.

No acto tamén participou o secretario xeral para o deporte. Lete Lasa destacou a evolución do fútbol en Galicia e mostrou a súa preocupación pola dificultades que aínda sofren no fútbol femenino.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí