Búscase novo millonario en Boiro

BOIRO> O Barbanza volve estar de sorte. O sorteo da Bonoloto deixou en Boiro un premio de máis de seiscentos mil euros. O afortunado, que acertou seis números da combinación gañadora, selou os eu boleto na administración número dous da rúa Santos Mieites.

Búscase millonario en Boiro. O sorteo da bonoloto de onte xoves deixou un premio  de 631 mil euros. O agraciado selou o boleto na Administración Número 2, situada na céntrica rúa Santos Mieites. Acertou seis números da combinación gañadora: 10, 13, 16, 18, 25 e 33.

Esta mañá eran moitas as persoas que se achegaban ata a Administración a probar sorte, por se foran eles os afortunados gañadores…

No sorteo de onte ó houbo outro afortunado, que selou o seu boleto no País Vasco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí