O Black Friday chega a Pontevedra con descontos de até o 50%

PONTEVEDRA> Os descontos e as ofertas chegaron hoxe a nosa comarca. Cada ano son máis os comercios que participan no popular Black Friday. Unha celebración que é orixinal dos Estados Unidos pero que xa está máis que importada no noso país.

As rúas de Pontevedra enchéronse hoxe de xente, de bolsas e de descontos. O motivo, a celebración do Black Friday. Unha xornada de saldos que ninguén se quixo perder.

O produto máis demandados neste venres negro foi a roupa. Aínda que houbo moitos consumidores previsores que aproveitaron estas rebaixas para mercar xa os agasallos de Nadal.

Con tanto desconto a máis de un resúltalle complicado controlarse á hora de gastar. De media, cada pontevedrés deixouse neste venres negro uns 150 euros, aínda que coma sempre, hai excepcións…

Unha celebración que naceu nos Estados Unidos pero que xa é unha tradición na nosa cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí