Carme da Silva “Elnosa xa chegou a Pontevedra con data de caducidade”

Pontevedra> Os representantes dos partidos políticos de Pontevedra fixeron esta mañá unha valoración sobre o ERE que inicia ELNOSA. Dende o PP din que unha moi mala nova para a cidade, MAREA e BNG comparten que esta empresa era coñecedora de que non podía seguir co seu traballo na ría de Pontevedra e que tiveron tempo suficiente para cambiar, se o desexaban, a súa ubicación. O ERE anunciado pola empresa ELNOSA tivo as súas reaccións en algúns dos grupos políticos do concello de Pontevedra. En primeiro termo dende o PP culpabilizaron a acción do BNG deste ERE e do futuro da empresa, pese a que ELNOSA non conta co permiso de Costas. Dende a Marea dixeron que por todos é coñecido que a postura deste partido é o cese da actividade de ELNOSA a finais deste ano e tal e como indica a lei, non ningún partido político. E dende o Goberno Local non entenden porqué o Partido Popular insiste en botarlle a culpa de todo o que está acontecendo ao BNG. Carme da Silva lembrou que esta empresa foi comprada con data de caducidade e que se pese a isto non quixeron cambiar a súa ubicación é culpa única e exclusivamente dos directivos desta empresa. O vindeiro xoves 7 de decembro comezaeá a negociarse o ERE entre a empresa e o comité de empresa, a parte sindical tenterá que nas negociacións do ERE se chege a un acordo para que só se vexan afectados os traballadores de maior idade e poidan abandonar a empresa nas mellores condicións