Pontevedra> Hoxe abríuse o prazo, na primeira fase das eleccións primarias de Marea Pontevedra, para a presentación de aspirantes a encabezar este partido, de cara ás eleccións do 2019. Luis Rei presentou esta mesma tarde a súa candidatura ante a Comisión Electoral. Unha presentación onde estivo acompañado polas persoas que o avalan.
Luis Rei presentou esta tarde a súa candidatura ás primarias da Marea. Un proceso que se inicia nesta xornada e que conclúe o vindeiro venres día 2 de febreiro. O actual voceiro da Marea agarda poder concluír o seu proxecto e ser o número un do seu partido nos vindeiros comicios.
De momento Luis Rei dixo que non ten constancia de ninguén máis que se vaia a presentara a estas primarias, pero tamén lembrou que hai tempo, teñen por diante unha semana para presentar estas candidatura.
O día 9 saberemos o nome do candidato da Marea ás eleccións do 2019 pola cidade de Pontevedra, e a partir dese momento comezará outra fase para a conformación das listas.
Luis Rei presentou a súa candidatura sorrinte e á espera de que poida ser o número un do seu partido de cara aos vindeiros comicios.