Rajoy, persoa non grata

PONTEVEDRA> Rajoy será declarado persoa non grata en Pontevedra, a súa cidade natal. A moción presentada por PSOE e Marea conta co apoio do BNG e será aprobada previsiblemente no pleno do vindeiro luns. O motivo principal: aprobar a prórroga de ENCE na ría de Pontevedra durante 60 anos máis.

 

O pleno municipal de Pontevedra aprobará o próximo luns en pleno unha moción que declararía a Mariano Rajoy, presidente en funcións do país, persoa non grata na mesma cidade que o viu crecer.

A moción foi proposta por PSOE e Marea e conta co apoio do Bloque Nacionalista Galego co que sería aprobada previsiblemente a pesar dos votos en contra de PP e Ciudadanos.

Socialistas e Marea xustifican a petición debido a recente aprobación por parte do goberno en funcións de Rajoy dunha prórroga de 60 anos máis para a celulosa que leva instalada na ría de Pontevedra dende os anos 50.

Para o alcalde, Fernández Lores, Rajoy non respondeu ás expectativas que os veciños tiñan dun presidente que é de Pontevedra. E dende en Marea e PSdeG queren sumarse a resposta cidadá que daban centos de pontevedreses saíndo ás rúas en protesta por esta decisión hai unhas semanas. 

O debate xa traspasou os lindes do consistorio e entre os veciños de Pontevedra podíanse escoitar esta mañá opinións diversas acerca desta iniciativa.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/19/rajoy_non_grato.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/19/rajoy_non_grato.mp4{/flowplayer}