O Culturgal abre as súas portas con máis de 120 actividades programadas

PONTEVEDRA> Pontevedra volve a converterse na capital da cultura galega. O Recinto Feiral acolle, dende hoxe, o Culturgal. Unha feira pola que pasarán milleiros de persoas ao longo de toda a fin de semana e que servirá de punto de encontro aos profesionais deste sector. En total, 80 stands e máis de 120 actividades dirixidas a todos os públicos.

Máis de 15.000 persoas achegaranse durante esta fin de semana ao Culturgal. A décimo segunda edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia xa está en marcha. En total, 80 stands e máis de 120 actividades que volverán a converter a Pontevedra na capital da cultura galega.

O Culturgal volve a mellorar este ano a súa programación. Exposicións, debates, concertos e presentacións que se desenvolverán ao longo dos 5 espazos principais. Unha cita imprescindible para os profesionais deste sector.

Toda a programación desta Feira das Industrias Culturais de Galicia está dispoñible na web culturgal.com . As entradas son de 3 euros para os adultos e de 2 para os menores de 14 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí