Soben as vendas de peixe e baixan as de marisco tralo Nadal

    RIBEIRA> Trala frenética actividade do Nadal, as prazas de abastos da comarca recuperan pouco a pouco a normalidade. As vendas de marisco reducíronse drasticamente e aumenta a demanda de peixe que xa experimentou unha baixada nos seus prezos. Apenas atopamos marisco nas prazas de abastos da comarca. Pechada a campaña da nécora e pasadas as festas de Nadal, os compradores apenas demandan estas especies. Pola contra, incrementan notablemente as vendas de peixe, unha opción axeitada para recuperarse dos excesos destas datas. Aínda que xa comeza a notarse un descenso nos prezos hai especies que aínda cotizan á alza. Débese principalmente a que estamos nunha semana de transición, co festivo de reis en medio. sen embargo, a maioría do peixe xa se atopa en cotizacións similares ás de antes de Nadal. Os praceiros confían en que remonten as vendas nestes meses que veñen por diante para recuperarse dunha campaña navideña que non foi todo o boa que agardaban. Houbo pouco marisco e moi caro polo que as vendas resentíronse.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí