Ribeira impulsa o turismo de proximidade a través das súas parroquias

RIBEIRA> Fomentar o turismo de proximidade entre a poboación local. Este é un dos principais obxectivos da campaña ‘Nove parroquias, nove encantos’  que o concello de Ribeira porá en marcha a partir de mañá. Consistirá na difusión nas redes socias de nove vídeos para dar a coñecer os encantos que ofrece o municipio.

Tralo escaparate internacional que supuxo Fitur para Ribeira, no marco da Mancomunidade Barbanza Arousa, o concello céntrase agora no turismo de proximidade coa vista posta na desestacionalización e na atracción de visitantes locais. Con este fin, lanzará a partir de mañá a  campaña ‘Nove parroquias, nove encantos’ composta por nove vídeos que amosan os principais recursos de cada parroquia.

Os principais destinatarios da campaña son os propios ribeirenses para que sexan coñecedores das numerosas experiencias que ofrece o municipio, boa parte delas relaciondas coa paisaxe e o contacto coa natureza, co fin de converterse nos mellores embaixadores da súa terra.

Mañá arranca a campaña coa difusión dun vídeo sobre Aguiño. Será o primeiro dos nove que se irán lanzando por orde alfabética ata completar o mapa ribeirense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí