O Plan Revitaliza informa aos vilagarciáns das vantaxes da compostaxe

VILAGARCIA> A deputación de Pontevedra leva o Plan Revitaliza ás rúas de Vilagarcía. O ente provincial instalou un punto de información na Praza de Galicia para dar a coñecer as vantaxes da compostaxe. A vila conta xa con dous composteiros comunitarios e máis de 70 individuais.

A loita contra o cambio climático é un problema co que cada vez máis xente está concienciada. Nesta cuestión traballa a Deputación de Pontevedra que a través do seu Plan Revitaliza leva composteiros ás diferentes vilas para converter o lixo orgánico en produtos fertilizantes. O ente provincial trasladou o seu punto móbil de información a Vilagarcía.

Co punto de información, a veciñanza de Vilagarcía puido coñecer as vantaxes da compostaxe.

Vilagarcía conta por agora con dous composteiros comunitarios e máis de 70 individuais. Dende o concello consideran que o plan ten unha gran acollida entre a veciñanza.

No punto ademais de informar agasallouse aos interesados cunha bolsa reutilizable e unha planta. Con este plan, a Deputación de Pontevedra leva entregados xa máis de 5 mil composteiros. O obxectivo é cumprir coa normativa europea de reciclar máis do 50% dos residuos a finais do 2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí