Voluntarios da Pobra crean máscaras de protección en impresoras 3D

POBRA> No Fab LAb da Casa da Mocidade da Pobra están a poñer a tecnoloxía ó servizo da saúde. Un grupo de voluntarios está a producir máscaras protectoras en impresoras 3D. Tres delas xa funcionan a pleno rendemento e está pendente a posta en marcha de dúas novas máquinas co obxectivo de incrementar a produción diaria.

As impresoras en 3 D do Fab Lab da Pobra traballan sen descanso as 24 horas. Imprimen os materiais cos que confeccionar estas máscaras de protección. A idea xurdiu ante a escaseza de material sanitario.

As máscaras destinaranse principalmente ó persoal sanitario do hospital do Barbanza e dos centros de saúde así como a voluntarios de Protección Civil e traballadores do servizo de limpeza e de axuda no fogar.

Tamén se doarán a outras entidades que xa solicitaron axuda ó concello aínda que o tempo de distribución estará condicionado polo ritmo de produción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí