MORAÑA> O concello de Moraña súmase aos municipios que toma medidas económicas para paliar o impacto da crise derivada da pandemia do coronavirus nos seus veciños.
O goberno local decidiu suspender os pagos de diversas taxas municipais, como a Escola Municipal de Música e o Plan Madruga. Recordemos que ambos servizos foron suspendidos ao aplicar as restricións do Estado de Alarma.
Ademais, o concello aprobou a exención fiscal completa dos abonos do Servizo de Axuda no Fogar aos usuarios que optaron por renunciar. Aprazar o período voluntario de pago das taxas municipais de limpeza e recollida de lixo, auga e sumidoiros e da viñeta do coche, é outra das medidas implantadas polo concello morañés.
Estas actuacións súmanse ás que o executivo local xa tomara en materia social e de desinfección para protexer á poboación fronte o coronavirus.