PONTEVEDRA> O sector da hostalaría vaise adaptando á nova realidade, co reforzo da seguridade nos seus locais. En Pontevedra, esta mañá presentaron a primeira mampara separadora patrocinada pola Plataforma Pontelovers, que impulsa a Concellería de Promoción Económica. Está fabricada por Cristalería Pontevedresa e foi instalada no Cafetín.
Bares e restaurantes prepárase para a nova normalidade, na que deberá prima-la distancia social. O sector da hostalaría tenlle que facer fronte a un gran desafía, coa incorporación de elementos de seguridade para previr contaxios. Esta mañá, en Pontevedra, presentaron na cidade a primeira mampara de protección co logotipo de Pontelovers, a plataforma que busca reactiva-la economía na cidade. Esta está instalada no Cafetín.
As mamparas de Pontelovers son un proxecto piloto composto por catro unidades. Están fabricadas por Pontevedresa Group. O proxecto abre a posibilidade de adaptación, nun futuro, a cartas de menús e a diversos tipos de aplicacións dixitais nos ámbitos da hostalería e o comercio local.
Pola súa banda, o concelleiro Iván Puentes salienta a necesidade de adapta-lo sector ás novas necesidades, lembrando que o da hostalaría foi un dos máis castigados dende o inicio da pandemia.
O concelleiro fixo un chamamento para que os pontevedreses lembren que o sector da hostalaría precisa nestes momentos da súa axuda, consumo e asistencia.