David de María e Maldita Nerea actuarán en Noia

NOIA> Os concertos, que serán de balde, celebraranse o 31 de xullo e o 1 de agosto, organizados pola concellería de Cultura. As actuacións desenvolveranse nas instalacións do IES Campo de San Alberto.

David de María…e Maldita Nerea.. actuarán en Noia. Serán dous concertos acústicos con artistas de primeiro nivel os días 31 de xullo e 1 de agosto. Desenvolveranse, os dous a partir das dez da noite, nas instalacións do IES Campo de San Alberto, convertido nun auditorio exterior, baixo estritas medidas de seguridade, para cumprir asía coa actual normativa sanitaria da covid. Con este tipo de actuacións o Concello quere manter o seu compromiso coa reactivación do mundo cultural e artístico

Estes dous concertos non serán os únicos que programe a concellería de Cultura este verán. Así prevense máis actuacións de grupos de primeiro nivel.

A entrada ós concertos, para os que se reserva un máximo de 550 persoas, será gratuíta. Para máis información os interesados poden consultar as redes sociais de Cultura Noia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí