VILAGARCÍA> Cinco autoras danse cita no libro ‘As poetas da colección Salnés’. Trátase dunha publicación impulsada por Galaxia, coa que se conmemora o 75 anivesario da editorial. Un poemario que serve tamén de homenaxe á célebre Colección Salnés creada en 1961 de poesía en lingua galega. Neste novo libro, presentado esta mañá en Carril, inclúense textos de autoras como Xohana Torres, María do Carme Kruckenberg ou Pura Vázquez.
No ano 1961 a editorial Galaxia creaba a Colección Salnés de poesía en lingua galega. Agora, no 2025, e coincidindo co 75 aniversario da editorial nace o libro ‘As poetas da colección Salnés’, cunha escolma de textos de seis autoras. Da introdución e a selección dos poemas encargouse a mestra Patricia Arias.
O libro recolle textos das consideradas primeiras mulleres poetas de Galaxia.
Este libro forma parte das propostas culturais impulsadas por Galaxia para celebrar os seus 75 anos de vida.
‘As poetas da colección Salnés’ presentouse esta mañá no Gato Negro de Carril. Ao acto asistiu tamén a concelleira de Cultura de Vilagarcía.







