O BNG acusa ao Sergas de tratar de desmantelar a sanidade do rural

PONTEVEDRA> O BNG fíxose eco esta mañá das demandas dos veciños de Ponte Sampaio e A Canicouva en relación á sanidade pública. Os nacionalistas denunciaron os recortes realizados pola Xunta de Galicia nestes municipios e aseguraron que trasladarán esta problemática ao Parlamento galego.

O BNG denunciou hoxe a situación sanitaria que está a vivir Ponte Sampaio, A Canicouva e Soutomaior. Os veciños levan meses coas portas dos seus consultorios e centros de saúde pechados e os nacionalistas acusan ao Sergas de negarse a dar solucións e de tratar de tapar, con cuestións técnicas, o que eles entenden que é unha decisión política.

Manuel Lourenzo cualificou como vergonzosa a situación que viven dende hai meses os veciños de Ponte Sampaio, A Canicouva e Soutomaior, con listas de espera de máis de 10 días para ter atención sanitaria telefónica e cun servizo completamente saturado.

Co obxectivo de seguir facéndose eco das demandas dos veciños, os nacionalistas anunciaron hoxe que farán mobilizacións nas vindeiras semanas. Ademais, o BNG levará este debate ao Parlamento Galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí