Malestar entre os veciños e comerciantes pontevedreses polo peche da rúa Alfonso XIII

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra anunciou o pasado venres a decisión de pechar ao tráfico a rúa Alfonso XIII. Ao igual que aconteceu coa Avenida Raíña Vitoria, o obxectivo desta medida é aumentar o espazo de recreo do colexio Froebel. Unha decisión que espertou o malestar dunha gran parte dos veciños e comerciantes.

O Concello de Pontevedra anunciou o pasado venres a decisión de pechar ao tráfico esta rúa. O obxectivo desta medida, segundo o goberno municipal, é convertela no patio do colexio Froebel. Unha decisión que dividiu á opinión dos pontevedreses. Mentres uns aplauden este peche…

Outros cren que é unha medida innecesaria.

Pero sen dúbida os máis afectados son os comerciantes, que critican a falta de consenso por parte do goberno local.

O goberno local enmarcou esta decisión no contexto de pandemia actual. Así e todo,  moitos cren que este é un paso máis cara o peche definitivo da rúa.

A medida entrará en vigor nas próximas semanas, cando se completen todos os trámites administrativos pertinentes. Nese momento, o Concello instalará uns morróns para evitar o paso dos vehículos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí