Caetano Horta proclámase Campeón de Europa Xuvenil de dobre scull

NOIA> Caetano Horta, do Club Mar de Noia, conseguía onte domingo a medalla de ouro nos Campionatos de Europa Xuvenís disputados en Belgrado. O noiés, xunto o seu compañeiro Pablo Moreno, do Club Náutico Sevilla, vencían na categoría de dobre scull.

Finalmente cumpríronse os pronósticos e a embarcación española, composta polo noiés Caetano Horta, do Club Mar de Noia, e Pablo Moreno, do Club Náutico Sevilla, facíanse co metal dorado na final do Europeo Xuvenil disputado en Belgrado, proclamándose así Campións Continentais na especialidade de dobre scull. Dende un primeiro momento o bote español marcou as diferenzas na final, evidenciando a superioridade cos seus rivais, algo que se deu tamén nas eliminatorias do sábado e nas semifinais. Os españois vencían a polacos e gregos, que por esta orde entraban na liña de meta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí