NOIA> O encontro, presidido polo delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, tiña coma obxectivo fundamental reforzar a nivel local a coordinación entre os diferentes organismos e administracións responsables na loita contra o lume. Co obxectivo de mellorar a eficacia na loita contra o lume, esta mañá desenvolveuse no Teatro Coliseo Noela unha xornada de Coordinación en Emerxencias. Nela tomaron parte diferentes representantes de corpos e forzas de seguridade do Estado, Agrupacións de Protección Civil e persoal dos Parques de Bombeiros comarcais e Grupos de Emerxencias Supramunicipais, así coma tamén persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais. A xornada estivo presidida polo delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, quen destacou a importancia desta xuntanza de cara a reforzar, a nivel local, a coordinación entre os diferentes organismos e administracións responsables das distintas emerxencias. Un feito no que tamén incidiu o alcalde de Noia, Santiago Freire. Segundo el a experiencia dos diferentes colectivos servirá para mellorar esa coordinación e a eficacia na loita contra o lume.
Inicio crb