Vilanova estrea o seu obradoiro de hostalería Mar de Santiago

VILANOVA> Vilanova estrea o seu obradoiro de hostalería. Despois dun mes de clases teóricas, os participantes dos dous módulos realizaron hoxe a súa primara práctica, na que xa mostraron as destrezas adquiridas.

Con estes pratos tan apetecibles, o concello de Vilanova puxo en valor á primeira edición do seu obradoiro de hostalería. Con sede nas novas instalacións do pazo de Vista rela, despois dun mes de clases teóricas, os participantes do obradoiro de hostalería Mar de Santiago comezaron a mostra as súas destrezas.

O concello puxo en marcha este obradoiro xuvenil para formar a mozos cualificados no sector hostaleiro.

O obradoiro conta co colaboración da Xunta de Galicia que ademais deste obreiro xuvenil desenvolve outro para maiores de trinta anos, investindo na vila 800 mil euros.

Ademais desta práctica, nas vindeiras datas, o alumnado realizará outras presentacións e actividades da man da marca Mar de Santiago, aportando tamén un atractivo gastronómico á promoción de Vilanova. O obradoiro ten un prazo de duración dun ano, co que os participantes ao rematalo adquirirán o título formativo correspondente.