Educación e Salica promoven un novo proxecto de FP dual

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/conselleiro_educacion_convenio_salica2005161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/conselleiro_educacion_convenio_salica200516.mp4{/flowplayer} POBRA> A iniciativa permitirá impulsar a empregabilidade dun total de doce mozos que cursan o ciclo de grao medio en Elaboración de Produtos Alimentarios no CIFP de Coroso. O convenio asinado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director xeral da empresa Salica, Javier Arbaiza, permitirá a posta en marcha dun novo proxecto de Formación Profesional Dual do que se beneficiarán un total de doce alumnos que cursen o ciclo de grao medio en Elaboración de Produtos Alimentarios. O centro encargado de impartir a formación curricular será o Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso, en Ribeira, un centro de referencia, segundo sinalou o propio titular de Educación, na familia profesional de Industrias Alimentarias. Por parte de Sálica valorouse moi positivamente a iniciativa, da que agarda se obteñan un bos resultados, tanto por parte dos alumnos traballadores, como da propia empresa. A nova experiencia educativa estenderáse ós cursos 2016/2017, 2017/2018 e parte do 2018/2019, neste último só con formación na factoría asentada no polígono pobrense da Tomada.