Detida unha muller en Ribeira por tráfico de drogas

RIBEIRA> A Policía Nacional detivo a unha veciña da localidade de 51 anos coma presunta autora dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas. Nun control realizado en plena rúa, os axentes localizáronlle entre as súas pertenzas unhas 20 bolsas de pequeno tamaño termoseladas con cocaína e 8 de heroína. Estaban xa preparadas para a súa distribución e venda. Tamén lle interviñeron unha importante cantidade de diñeiro e un teléfono móbil. Á prendida, que xa foi posta a  disposición do Xulgado de Instrución de Garda, cónstanlle antecedentes por feitos similares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí