Os Reis Magos percorrerán tódalas parroquias de Ribeira en descapotable

RIBEIRA> Ribeira prepárase para a  visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. A Cabalgata deste ano será diferente á de anos anteriores. Para evitar as aglomeracións, os Reis percorrerán tódalas parroquias do municipio, para que ningún neno se quede sen regalos.

A covid e a situación de máxima alerta que vive Ribeira non será un problema para os Reis Magos de Oriente, que como é tradición visitan a localidade cada cinco de xaneiro. Aínda así a súa chegada será diferente a anos anteriores. Non haberá cabalgata polo casco urbano e os reis desprazaránse en vehículos descapotables por tódalas parroquias do municipio para que ningún neno se quede sen regalo.

Aínda así dende o Concello piden que se extremen as precaucións, que se eviten as aglomeracións, manténdose a distancia de seguridade e se leve mascarilla.

A comitiva, que partirá ó redor das catro da tarde dende a zona da rúa Manzanares, estará acompañada polo GAEM, Protección Civil e Policía Local. Ó rematar todo o percorrido, os Reis emitirán unha mensaxe en streaming que poderá seguirse por toda a veciñanza na canle de Youtube do Concello ou nas súas redes sociais.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí