NOIA> O concello de Noia aprobou a adhesión ó pacto dos alcaldes polo clima. A incorporación a esta rede facilitará a realización de numerosos investimentos en materia de eficiencia enerxética.
A adhesión a este pacto permitirá ó concello optar a numerosas axudas en materia de eficiencia enerxética para contribuír á redución de gases de efecto invernadoiro. Entre os proxectos previstos polo concello destaca a substitución do alumeado público e a renovación da flota de vehículos.
O concello prevé tamén a instalación de paneis solares e caldeiras de biomasa en varios edificios públicos así como a mellora do seu illamento e impermeabilización. Dará así continuidade á liña de mellora de eficiencia enerxética na que vén traballando nos últimos anos con proxectos como a reforma da lonxa de Testal ou do colexio público de Bergondo, entre outros.
Tamén traballarán no acondicionamento de rutas peonís e na promoción de transportes alternativos como a bicicleta para reducir as emisións contaminantes.