Os contaxios medran na comarca do Ulla-Umia nunha terceira vaga que chega con forza

CALDAS/CUNTIS> Na comarca do Ulla-Umia tamén se mira con preocupación o avance da COVID19. En Caldas hoxe acadáronse os 47 casos activos, mentres que en Cuntis suman xa 26. Dende os dous concellos sinalan as reunións das festas do Nadal como as orixes destes novos contaxios. Agora fan un chamamento á responsabilidade da veciñanza para superar a terceira vaga da pandemia.

O coronavirus avanza e suma novos contaxios. A terceira vaga está a chegar con forza a zonas que conseguiran evitar con certo éxito outros momentos da pandemia. É o caso de Caldas. O concello deu conta hoxe de 47 casos activos. Unha situación que xa consideran preocupante.

As reunións das festas do Nadal tamén se sinalan dende Cuntis como as responsables dos novos contaxios. Aquí a día de hoxe se rexistran 26 casos activos.

Á preocupación pola crise sanitaria súmase a económica. Así o apuntou o alcalde de Cuntis na súa faceta como presidente da sección de vilas termais da Federación Española de Municipios e Provincias. E é que o sector turístico continúa a ser o máis golpeado pola pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí