O Concello de Pontevedra habilita o pavillón Multiusos da Xunqueira para as persoas sen teito

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra habilita o pavillón da Xunqueira II para as persoas sen teito. O fai tras a decisión de pechar o centro de Raíña Vitoria ante o primeiro caso positivo. Ademais, o goberno municipal informou esta mañá do número de denuncias tramitadas pola Policía Local dende o inicio da pandemia. A cifra ascende xa a 191.

O Concello de Pontevedra abrirá mañá este Pavillón Multiusos da Xunqueira II para acoller a persoas sen teito. O espazo ten capacidade para 30 persoas aínda que a previsión de ocupación é moito menor. En concreto, o goberno municipal espera que se acheguen ata aquí preto de 15 usuarios. A todos eles entregaránselles kits sanitarios e de hixiene. Ademais, contarán tamén cun servizo de comida e de asistencia médica.

O goberno municipal deu conta tamén esta mañá das denuncias tramitadas pola Policía Local dende o inicio do estado de alarma. O dato ascende xa a 191 e destaca, sobre todo, a cantidade de persoas reincidentes.

En canto ao servizo de lixo porta a porta, o goberno municipal está a realizar a recollida en 18 domicilios. Os cales corresponden a 25 persoas infectadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí