Chamamento á hostalería e clientes para que non se repitan as escenas da fin de semana en Sanxenxo

SANXENXO> Chamamento á responsabilidade dos hostaleiros e á cidadanía para que se cumpran as normas. Tralas aglomeracións da pasada fin de semana, na que moitos fixeron un uso indebido das terrazas, o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo pide non dar pasos cara a atrás.

Para que non haxa pasos atrás, cómpre cumprir entre todos as medidas. Despois das aglomeracións e condutas inapropiadas rexistradas na primeira fin de semana da desescalada, o Consorcio de Empresarios Turístico de Sanxenxo fai un chamamento á responsabilidade a locais e clientes.

Porque do seu cumprimento depende que os locais continúen abertos. Sobre o vivido na pasada fin de semana, dende CETS entenden que as aglomeracións debéronse á combinación da reapertura dos establecementos co bo tempo. Píden ós clientes colaboración e que non se demonice ó sector.

O sector, entre tanto, continúa adaptánse á nova realidade. A partir deste venres, de xeito obrigatorio, tódolos locais deberán ter pendurado nun lugar visible un cartel cos datos de aforo e o código QR que permita ó usuario rexistrarse.

De cara á Semana Santa, no sector aínda descoñecen como pode se-la campaña, á espera de saber se Galicia continuará pechada perimetralmente. Sen mobilidade, din, de pouco serve ter os establecementos hoteleiros abertos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí