AMICOS vacínase fronte á covid

BOIRO> O ritmo de vacinacións contra a covid continúa estes días. Hoxe tocoulles ós residentes e traballadores do centro residencial da asociación AMICOS, en Comoxo. Recibiron 130 vacinas desta primeira dose. Na campaña de vacinación participaron o 90% dos usuarios e traballadores do Centro.

Dos 100 traballadores do centro residencial de Amicos en Comoxo vacináronse un total de 90, o que supón case o 100%. Os que non o fixeron, foi debido a prescricións médicas. Si houbo pleno de vacinacións nos usuarios. Foron un total de trinta os que recibiron esta primeira dose da vacina. A maioría deles fixérono con moitos nervios. É o caso de Marcelino, que agarda que a partir de agora se vaia recuperando a normalidade

Dende a dirección da entidade destacaron tamén a importancia da vacinación, como medida máis efectiva contra a covid, mostráronse moi contentos de iniciar este proceso cara a inmunización tralos malos momentos vividos durante o mes de abril cando un total de trinta usuarios e traballadores do centro resultaron infectados. Daquela, afortunadamente, todos evolucionaran ben e non precisaron ingreso hospitalario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí