A Xunta adianta o toque de queda ás dez da noite e pecha 63 concellos no nivel máximo de alerta

GALICIA> Galicia endurece as restricións para frear o avance da pandemia. A partires do venres, todos os concellos da comunidade estarán entre os dous niveis máis altos de protección. O toque de queda adiántase ás 10 da noite, e a hostalería poderá abrir só ata as 6 da tarde en todo o territorio. Ademais, elimínanse as améndoas perimetrais e os concellos co nivel máximo de restricións quedarán illados de xeito individual. Os desprazamentos só estarán permitidos para as actividades esenciais.

A Xunta de Galicia endurece as restricións en todo o territorio. O toque de queda será ás 10 da noite. A hostalería pechará ás 6 da tarde coas capacidades limitadas, e o comercio terá que facelo ás 9 e media da noite. As reunións serán dun máximo de catro persoas non conviventes tanto nos fogares como nos espazos públicos. Ademais, recoméndase que non se celebren despois das 6 da tarde. Todos os concellos estarán entre os dous niveis máis altos de protección.

Isto de xeito xeralizado, pero en sesenta concellos galegos as medidas serán máis restritivas e estarán no nivel máximo de alerta. Entre eles os da comarca de Barbanza, Noia, Outes, Porto do Son, Cuntis, Caldas, Pontecesures, Valga, Poio, Vilagarcía, Vilanova e A Illa. Todos quedarán pechados de xeito individual, eliminándose as améndoas perimetrais vixentes. A medida tamén afecta ás grandes cidades, polo que a mobilidade estará restrinxida en Pontevedra.

Ademais, nestes concellos do nivel máximo de alerta a hostalería só poderá atender en terraza e no servizo a domicilio e comida para levar.

As medidas entrarán en vigor na medianoite do venres, e estarán vixentes, en principio, ata mediados de febreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí