Última semana para as candidaturas ós IV Premios de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal

GALICIA> Queda algo máis dunha semana para que se peche o prazo de presentación de candidatos ó IV Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda. Como en anos anteriores, o Premio está dotado con 15.000 euros, unha cantidade que permitirá ó gañador continuar cos seus traballos de investigación sobre esta enfermidade, tal e como fixeron en anos anteriores os reputados oncólogos e investigadores internacionais Mariano Barbacid, José Baselga ou López Otín. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o día 27 deste mes de febreiro. O dito premio poderán presentarse profesionais que desenvolvan a súa actividade en centros de investigación ou sanitarios, públicos ou privados, de calquera parte do mundo. O fallo do xurado darase a coñecer a partir do próximo 23 de marzo, para posteriormente proceder á celebración do acto de entrega do galardón ó gañador. As bases completas do Premio están dispoñibles na páxina web da Fundación(www.fundacionlarosaleda.org).