O Sexto Edificio do Museo levará o nome de Castelao para reparar unha “inxustiza histórica”

PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra muda o nome do Sexto Edificio. Estas instalacións pasarán a coñecerse co nome de Edificio Castelao. Unha decisión adoptada por unanimidade polo Consello Asesor e que será unha realidade en apenas un mes.

Edificio Castelao, ese é o nome que terá este inmoble en apenas un mes. A decisión foi adoptada por unanimidade polo Consello Asesor do Museo co obxectivo de reparar así unha “inxustiza histórica”.

Tras a recente adquisición do Álbum Nós, o Museo de Pontevedra conta nos seus fondos con máis de 2.000 obras e pezas de Castelao. O director do Museo quixo poñer en valor hoxe as relacións que existiron sempre entre este artista e a institución pontevedresa.

O goberno provincial levará este cambio de denominación ao vindeiro Pleno e, a súa intención é que o nome de Edificio Castelao sexa xa unha realidade no mes de febreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí