AJE demanda máis axudas para a hostalería e o comercio tras as novas restricións antiCovid

PONTEVEDRA> As novas medidas antiCovid anunciadas onte pola Xunta sentaron como un xerro de auga fría a todos os comerciantes galegos. Por iso, a Asociación de Jóvenes Empresarios pediu que se axilicen os cobros de axudas e que se cren novas liñas por parte do Goberno central.

Esta medianoite entrarán en vigor as novas medidas antiCovid anunciadas pola Xunta de Galicia e, como ven sendo habitual, o sector da hostalería será un dos grandes prexudicados. Todos os bares e restaurantes galegos deberán pechar as súas portas ás 18:00 horas e, nalgúns Concellos só se permitirá utilizar as terrazas. Algo que irá aparellado dunha importante caída na facturación.

Coas medidas adoptadas pola Xunta, eles tamén sairán perdendo. Os comercios deberán pechar ás 21:30 horas e deberán reducir a súa capacidade ao 50%.

Ante estas novas medidas, a Asociación de Jóvenes Empresarios cre que é necesario axilizar os cobros das axudas xa concedidas e que o Goberno central cree novas liñas de subvención.

Entre as demandas de AJE destaca tamén a ampliación do período de carencia dos ICO e a prolongación dos ERTEs.