Portas, único municipio da área sanitaria libre de covid trala terceira vaga

PORTAS> Portas convértese no primeiro municipio da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés en estar libre de coronavirus. O municipio non ten nestes momentos ningún caso e non rexistrou ningún nos últimos 15 días. Aínda así, no concello fan un chamamento ós veciños para que siguen extremando as precaucións.

Ningún caso de covid en Portas. O municipio convértese así no primeiro da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés en estar libre do virus logo da terceira vaga. Ademais, nos últimos 15 días non se rexistrou ningún caso novo.

O municipio foi capeando o temporal dende o inicio da pandemia. Con apenas casos dende a chegada do virus, acadou os peores rexistros nesta terceira vaga.

E agora, sen casos de novo, o alcalde fai un chamamento á poboación a non baixa-la garda.

O rexedor valora tamén o alivio das restricións a nivel xeral para poder recuperar certa normalidade no día a día.

Iso, di o alcalde, sempre con sentidiño e responsabilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí