As tendas énchense de descontos coas rebaixas de verán

PONTEVEDRA> Comezaron as rebaixas de verán. As tendas da cidade adiantáronse ao día oficial, o 1 de xullo, e decidiron baixar xa os prezos. Esta mañá achegámonos ata as rúas comerciais para ver o ambiente e saber que é o que máis se vende entre os pontevedreses.

As bolsas e os descontos foron os protagonistas desta xornada en Pontevedra. As rebaixas de verán xa están en marcha e iso nótase nas rúas e nas tendas.

As tendas quixeron aproveitar este ano a fin de semana e decidiron adiantar a data oficial das rebaixas. Nalgúns establecementos incluso puideron verse descontos de ata o 70%. En canto os produtos máis demandados, a roupa e o calzado seguen sendo os máis buscados.

Aínda que con este bo tempo algún decantouse máis pola praia que polas tendas, o ambiente nesta primeira xornada de rebaixas foi o habitual. Os pontevedreses seguen preferindo aproveitar os primeiros días.

Pois xa o saben, se queren aproveitar estes descontos, dense presa porque as rebaixas voan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí