Pontevedra borra o rastro de Xoán Carlos I do seu rueiro

PONTEVEDRA> Xoán Carlos I xa non forma parte do rueiro pontevedrés. A avenida que levaba o nome do emérito foi rebautizada hoxe de xeito oficial co de Virxinia Pereira, pontevedresa garante do legado de Castelao. Esta mañá cambiáronse as placas, dando cumprimento a unha decisión do pleno da corporación que non estivo exenta de polémica.

Xa non queda rastro de Xoán Carlos I no rueiro de Pontevedra. Este mediodía descolgouse a placa da avenida que ata hoxe levaba o nome do emérito.

A avenida recorda agora a Virxinia Pereira Renda, muller pontevedresa e garante do legado artístico e político de Castelao.

Con este cambio dáse cumprimento ao acordo adoptado pola corporación municipal. A proposta contou no pleno cos votos a favor de BNG e PSOE e o rexeitamento de Partido Popular e do edil non adscrito.

A decisión plenaria foi incluso recorrida por un veciños de Pontevedra, que alegaba que non existía fundamentación legal nin moral para xustificar o cambio. Así as cousas, a corporación volveu rexeitar cos votos a favor de BNG e PSOE esta alegación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí