Chamamento do concello a ENCE para que free a protesta dos traballadores no pregón das festas

PONTEVEDRA> Chamamento do concello de Pontevedra á dirección de ENCE. A concelleira de Festas reclamou á pasteira que dea ordes aos traballadores de que non boicoteen as festas da cidade. Carme da Silva sae así ao paso do anuncio que onte fixeron Comisións Obreiras e o comité de empresa das oficinas, coa súa intención de convocar unha protesta durante a celebración do pregón das festas da Peregrina o 7 de agosto. Recordemos que a pregoeira será Violeta Mosquera, integrante do grupo Bala.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí