A Deputación de Pontevedra abre a porta a que Santa Clara poida ser empregado polo Museo

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra, aberta a que o convento de Santa Clara poida ser empregado polo Museo de Pontevedra. No goberno provincial aplauden o anuncio de compra do espazo histórico por parte do Concello. O PP local tamén o celebra, indicando que considera ‘axeitado’ o seu prezo. Con todo, o líder dos populares cre que é moi precipitado por parte do goberno local facelo público cando só hai sobre a mesa un acordo verbal.

O anuncio de compra do convento de Santa Clarqa por parte do Concello de Pontevedra é unha boa nova para a Deputación de Pontevedra. No organismo provincial recoñecen estar abertos a que o emblemático espazo poida ser empregado polo Museo de Pontevedra. Con todo, indica o vicepresidente provincial, non convén precipirse: antes de falar de posibles usos cómpre analiza-lo seu estado e estudar opcións.

O PP de Pontevedra tamén celebra o anuncio da compra de Santa Clara. O seu líder considera que o prezo pactado, 3.2 millóns de euros, é adecuado. Rafa Domínguez cre que a operación é beneficiosa para os intereses da cidade, pero advirte de  que o seu apoio non é unha carta branca.

Domínguez coincide tamén en que o convento podería ser útil para o Museo de Pontevedra, aínda que non descarta outras propostas como unha biblioteca. No PP tamén confían en que os xardíns e a horta de Santa Clara poidan abrirse á cidade e que aproveiten do mellor xeito posible.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí