Cambados intensifica os controis policias polo nivel máximo de alerta sanitaria

CAMBADOS> Cambados comeza as máximas restricións cun aumento dos controis de mobilidade. Garda civil e Policía local velan polo cumprimento das normas que impiden o acceso e saída da vila sen causa xustificada. Ante esta nova situación, o concello cancela todos os eventos culturas e deportivos do municipio.

O concello de Cambados atópase dende as 00 horas deste venres no nivel máximo de restricións sanitarias. Esta situación impide á poboación acceder ou saír da vila sen ningunha causa xustificada. Para velar polo cumprimento das normas, a Policía local e a Garda Civil comezaron a intensificar os controis.

A incidencia agora mesmo en Cambados está en niveis moi elevados. A vila rexistra na actualidade 85 casos activos, un máis que onte. A preocupación é máxima no concello.

A nova situación obriga ao concello a cancelar todas as actividades culturas e deportivas no municipio.

O nivel máximo de restricións a quen máis afecta é á hostalería que no poderá abrir as súas portas salvo para recollida ou envíos de comida.

O maior foco de preocupación do concello atópase nas reunións familiares. Segundo advirten, máis de 20 casos proveñen dunha mesma familia. Tamén están alerta nos centros educativos onde se detectou algún positivo. Para el incrementáronse os cribados nas escolas e institutos.

O concelleiro advirte que volver ao peche perimetral cando se levanta o estado de alarma é unha situación esgotadora e moi dura psicoloxicamente para a veciñanza, pero pide paciencia e responsabilidade á poboación para volver á normalidade canto antes. Para intentar controlar a situación continuarán realizándose cribados na vila. O vindeiro terá lugar a semana que ven entra a poboación de 30 e 39 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí